A Asociación Cultural Os Penoucos lanza o Mapa do Patrimonio de Padrón

0

Padrón, 8 de maio do 2018 – A Asociación Cultural Os Penoucos incorpora o mapa do patrimonio de Padrón ao proxecto colaborativo de recuperación e posta en valor do patrimonio e as paisaxes do Baixo Ulla.

A Asociación Cultural Os Penoucos nace no 2006, froito das inquedanzas dun grupo de persoas do Baixo Ulla. Ten como piares fundamentais o fomento da lingua e cultura galega, realizando actividades culturais, artísticas e medioambientáis. Despois de presentar os mapas do patrimonio de Valga, Pontecesures e Dodro, lanza agora o Mapa do Patrimonio de Padrón que se pode consultar no seguinte enlace 

http://baixoulla.ospenoucos.gal/

O Mapa do Patrimonio de Padrón intégrase dentro dunha aplicación webmapping onde se recolle a totalidade do patrimonio cultural e natural do concello. O usuario poderá navegar e desprazarse polo mapa, facer zoom, activar ou desactivar capas, así como escoller os mapas base. Ao pulsar sobre un punto, despregarase a ficha explicativa onde se describe o elemento, con acceso a información e imaxes deste. Os mapas base dispoñibles son catro, que van desde a última fotografía aérea do PNOA, ata o voo americano do  1956-57. Deste xeito poderase visualizar as diferenzas que sufriu o territorio nos últimos 60 anos.

O Mapa do Patrimonio de Padrón componse de 9 capas, que inclúen 642 elementos, repartidos do seguinte xeito:

 

Nestes momentos, despois de engadir o Mapa do Patrimonio de Padrón, e incluír novos elementos nos mapas de Dodro, Pontecesures e Valga, hai catalogados 2.024 elementos, ao que se irán sumando moitos máis, ata completar a totalidade do territorio que conforma o Baixo Ulla.

Según a Asociación o aspecto máis salientable do proxecto Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla é a súa parte colaborativa. Fan un chamamento a aquelas entidades e persoas que o desexen para que manden os seus comentarios, suxestións, textos ou fotos dos elementos do mapa, así como suxerir a inclusión de novos puntos.Os Penoucos destcan tamén que non se conta con ningún tipo de subvención oficial para a realización deste proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies