займ срочно

Os postos da Escola de Música de Ames integrarase na RPT

0

Ames, 26 de setembro do 2018 – A Mesa Xeral de Negociación de Ames aprobou a sétima modificación da Relación de Postos de Traballo, que ten por obxecto a incorporación da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) xunto cos postos correspondentes.

Na reunión da Mesa Xeral de Negociación celebrouse entre os membros do goberno local mailos representantes do persoal municipal, que son membros do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal tal como é preceptivo. Ademais do tema da Escola Municipal de Música tamén se informou sobre a instrución interna de uso de sinatura. Asemade, celebrouse unha xuntanza da Comisión se seguimento da RPT na que se abordou a posible Oferta de Emprego Público (OEP) 2018 e a proposta de acordo regulador do plan de estabilización, así como o inicio das negociacións para a revisión dos postos de cada departamento.

A EMMA quedará adscrita ao departamento de Cultura e contempla 9 postos adscritos ao servizo. Os postos son os de profesor/a de frauta, saxofón, musica e movemento, percusión/batería, violín, linguaxe musical, guitarra, canto moderno e piano. Os dous primeiros crearanse a través dun proceso selectivo para a creación de dúas bolsas de traballo para a Escola Municipal de Música de Ames: unha de mestres/as de frauta e outra de mestres/as de saxofón, mentres os sete postos restantes cóbrense atendendo as sentenzas dos Xulgados do Social ao respecto das demandas presentadas por parte do persoal que prestou servizo na EMMA ata o final do curso 2016-2017. A través deste proceso regularízase a situación deste persoal que estaba contratado de xeito irregular.

Outro dos cambios recollidos na sétima modificación da RPT é o cambio de adscrición orgánica dun dos postos de auxiliar administrativo/a, actualmente integrado no servizo de Secretaría do departamento de Secretaría e Administración Xeral; que pasaría a adscribirse ao servizo de Contratación deste mesmo departamento para dar cobertura á entrada da nova Lei de Contratos e reforzar así dito departamento.

Instrución sobre o uso da sinatura electrónica

Por outra banda, na Mesa Xeral de Negociación deuse conta, por parte do goberno, da instrución sobre o uso da sinatura electrónica polos empregados públicos. Deste xeito, informouse de que nos últimos meses entregóuselle aos empregados públicos certificados electrónicos para todos aqueles/as traballadores/as que tramitan algún tipo de procedemento administrativo. Deste xeito, a Tarxeta de empregado público serve para a identificación do persoal nos procesos ou solicitudes internas, ademais de sistema de control de presenza que o Concello acaba de renovar. Asemade, aquel persoal que requira realizar algún tipo de procedemento administrativo electrónico, pode empregar dita tarxeta para a sinatura e certificación do documento.  Dende o goberno municipal, aténdose a Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, no seu artigo 43, establece que cada Administración Pública determinará os sistemas de sinatura electrónica que debe utilizar o seu persoal. Tendo en conta isto, informaron de que naqueles casos en que sexa necesario tramitar documentación municipal e o sistema de tarxetas de empregado non serva ou xere algún tipo de incompatibilidade, recorrerase aos certificados de software de persoa física para o acceso ás aplicacións, tanto internas como externas, nas que dispoñan dos correspondentes permisos e sempre dentro do seu posto de traballo.

Comisión de seguimento da RPT

Por outra banda, desde o goberno convocouse a unha nova xuntanza da Comisión se seguimento da RPT na que se abordaron dous puntos. Primeiro, o goberno municipal comunicoulle aos delegados do persoal a intención de aprobar unha Oferta de emprego público durante este ano 2018, ligada a un acordo regulador do plan de estabilización do emprego temporal no Concello de Ames, mediante o que se fixen e formalicen os criterios/compromisos xerais e básicos aplicables aos desenvolvemento deste procesos.

O goberno municipal organizará unhas xuntanzas co persoal esta mesma semana para explicarlles en que consiste dita Oferta de emprego público. Así, realizarase unha xuntanza co persoal o xoves, 27 de setembro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, e outra, o venres, 28 de setembro, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ambas reunións serán ás 14.00 horas.  Tamén iniciáronse as negociacións da segunda fase da RPT, co obxectivo de revisar os postos e as necesidades de cada un dos departamentos municipais. O goberno presentou un organigrama municipal sobre o cal comezar a traballar e un calendario de xuntanzas mensuais desta Comisión para ir avanzando na revisión da RPT durante os vindeiros meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies