займ срочно

Os premios do libro galego 2021 serán Follas Novas

0

Compostela, 2 de febreiro do 2021 – Os premios do libro galego mudan de nome na edición 2021 e pasan a denominarse Premios Follas Novas.

Os galardóns chegan este ano a súa sexta edición. Os xa chamados Follas Novas inician unha andaina que rematará nunha gala no mes de maio a celebrar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A celebración está organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia.

Premios do sector do libro

Os Follas Novas recoñecen todas as actividades arredor do mundo do libro en Galicia. O cambio de nome é unha homenaxe á grande obra de Rosalía de Castro publicada en 1880.

As tres asociacións convocantes, xa mencionadas, iniciaron esta semana o proceso de selección das obras finalistas. Na celebración dos premios colaboran ademais o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Cedro.

Esta sexta edición dos premios do libro galego estará marcada, como estivo a anterior, pola situación pandémica que vive o mundo, de maneira que todos o procesos de elección serán virtuais, incluíndo a gala dos Premios Follas Novas que, só en caso de melloría manifesta da situación en Galicia, podería celebrarse de maneira presencial.

Esta edición terá como protagonistas a autores e autoras, títulos e iniciativas desenvolvidas durante o ano 2020, un ano especialmente difícil para todo o sector que se viu especialmente afectado pola situación pandémica desde o pasado mes de marzo.

Os premios manterán o mesmo número de categorías e o sistema de elección, cunha primera fase preliminar na que cada asociación escolle aos seus candidatos nas distintas categorías e, a partir de aí, un xurado designado polas asociacións convocantes escollerá tres títulos para ser finalistas en cada categoría e, finalmente, a elección dos premiados en cada unha delas. En total, son quince as categorías que se escollen neste galardón. Ademais destas categorías, na gala de maio tamén se fará entrega dos tres premios honoríficos: o do escritor/a galego/a universal, o premio a edición e o premio á librería.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies