Os Reis chegan este sábado a Oroso

0

Oroso, 4 de xaneiro do 2019 –  O Concello de Oroso celebra este sábado día 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata e Festa de Reis. Partira ás seis da tarde do  CEIP do Camiño Inglés.

A comitiva dos Reis Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerá as rúas de Sigüeiro: avenida de Compostela (N-550), rúa do Portiño, rúa Insua, praza de Alexandre Bóveda, rúa do Medio, rúa do Portiño, avenida de Compostela, praza da Foca, avenida da Garabanxa, rúa do Concello, rúa Río Lengüelle, avenida de Compostela e rúa do Xuncal ata a praza Isaac Díaz Pardo.

Ás 18:15 horas, as súas Maxestades serán recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal, presidida polo alcalde Manuel Mirás. Acto seguido, a comitiva dirixirase ata o pavillón de deportes, cunha chegada prevista ás 19:00 horas.

Alí terá lugar unha gran festa infantil con Troi, inchables, animación musical, xogos, karaoke e lambonadas para todos os nenos e nenas. O polideportivo non abrirá as súas portas ata pasadas as 18:30 horas.

Para garantir a seguridade dos centos de persoas que asistirán á cabalgata, o Concello de Oroso ten preparado un dispositivo especial integrado por membros da Policía Local e Protección Civil de Oroso, que se encargarán de velar polo correcto desenvolvemento do evento.

A maiores, o Concello de Oroso habilitou a alameda de Góis como lugar provisional de aparcamento para paliar a supresión de prazas de aparcamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial