Os Reis Magos chegan a Arzúa con tres novas carrozas

0

Arzúa, 3 de xaneiro do 2019 – As cinco e media da tarde e a hora fixada para que comece a tradicional Cabalgata de Reis no concello de Arzúa e que organiza o departamento de Cultura municipal.

Este ano a Cabalgata de Reis  contará con tres novas carrozas decoradas con adornos propios do Nadal e totalmente iluminadas con microbombillas LED para os Reis e os seus paxes reais. Como en anos anteriores abrirán o desfile os animadores da compañía Barafunda Animación que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos.

As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua. Como novidade, este ano o escenario do recinto feiral estará decorado con globos.

O percorrido marcado para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoan  e dará media volta para pasar de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo. Unha vez finalizado o itinerario, e coas Súas Maxestades no multiusos, haberá inchables e obradoiros para amenizar a tarde. Unha vez finalizada a recepción no interior do recinto feiral, os Magos de Oriente visitarán aos maiores da Residencia San José.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial