Os Reis Magos chegan este sábado ás rúas de Ordes

0

Ordes, 4 de xaneiro do 2019 – Os Reis Magos de Oriente pasan un ano máis polas rúas de Ordes para recibir as peticións dos cativos da vila e a contorna.

O concello de Ordes preparou unha gran cabalgata para a chegada dos Reis Magos. A cita comezará as cinco da tarde de este sábado partindo da avenida Alfonso Senra, a altura de Muebles Rey, e percorrendo toda a rúa ata chegar a Alameda.

Unha vez na Alameda serán recibidos pola alcaldesa en funcións, Ana Soneira, e os demais membros do equipo do Goberno local. Será o momento non que se lle faga entrega das chaves da cidade para que esa noite as súas maxestades poidan entregar en cada fogar de Ordes e da parroquias os miles de regalos que teñen preparados.

Imaxe de arquivo

Posteriormente dirixiranse á gran carpa situada a poucos metros, onde quedarán colocados os tronos reais nos que as súas maxestades recibirán aos cativos da vila.

Como é tradición repartiranse doces e caramelos entre todas as persoas asistentes (aptos para celíacos). Ademais o Concello de Ordes conta coa colaboración dos Músicos de Bremen, charanga infantil que animará os momentos de espera.

O Concello ten preparado un dispositivo de seguridade especial, no cal intervirán tanto axentes da Policía Local como de Protección Civil. Ademais dende as 16 ata as 21 horas cerrarase ao tráfico rodado a N-550 ao seu paso pola vila, indicándose os desvíos habilitados tanto en dirección Santiago como á Coruña. Tamén haberá variacións nas rúas mencionadas anteriormente durante o paso da cabalgata

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial