Os Reis Magos chegan este venres a Frades

0

Frades, 3 de xaneiro do 2019 – Os Reis Magos chegarán este venres 4 de xaneiro a Frades, onde ás 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira.

Os Reis Magos participarán a continuación nunha gran festa no polideportivo municipal ata as 20:00 horas. Como novidade, as súas Maxestades deixarán a un lado os camións das pasadas edicións e chegarán este ano a bordo dun tren turístico, co que percorrerán as rúas de Ponte Carreira ata o pavillón polideportivo municipal.

Despois dun par de anos caracterizados pola choiva, que non impediu a saída da cabalgata pero si que fixo que tivese que ir a un ritmo máis rápido, este ano as previsións son de tempo frío pero soleado. Isto fará que moitas familias non vaian directamente ao pavillón, senón que acompañen o desfile polas rúas de Ponte Carreira ata o polideportivo. Un desfile que comezará ás 16:00 horas e no que as Súas Maxestades estarán acompañados pola música do grupo folclórico Sarillo de Aiazo e por varias mascotas.

Ás 17:00 horas, o polideportivo municipal acollerá unha gran Festa de Reis con inchables, animacións, xogos populares, bailes, lambetadas, mascotas, obradoiros e, como novidade este ano, un canón de neve. Así mesmo, repartirase chocolate e roscón de Reis entre todas as persoas participantes.  .

Este é o sexto ano consecutivo que se organiza a cabalgata no Concello de Frades. Unha iniciativa que se programou inicialmente un día antes do habitual debido a que as familias do municipio tiñan xa o costume de levar as crianzas aos desfiles de Santiago ou de Ordes, pero que resultou un gran éxito de participación, o que fixo que se mantivera xa como tradición que os Reis Magos cheguen un día antes do habitual a Frades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial