займ срочно

Os Reis Magos chegarán a Teo en tren

0

Teo, 2 de xaneiro do 2019 – Os Reis Magos ultiman os preparativos para a Cabalgata que se celebrará en Teo durante a tarde do 5 de xaneiro.

Na súa visita os Reis Magos achegaranse aos locais das asociacións, ás residencias de maiores e rematarán a súa estancia no concello cunha recepción oficial no pavillón Ezequiel Mosquera na Ramallosa.

As súas maxestades chegará a estación ferroviaria de Osebe ás 15:55 horas. A partir dese momento acudirán a diversos locais das asociacións a bordo dun autobús clásico engalanado para a ocasión. Ás 16:25 horas está previsto que cheguen ao centro da Sociedade Recreativa de Calo, ás 17:00 horas ao da Asociación Cultural A Pontevella (Pontevea), ás 17:55 horas ao Centro Comercial dos Tilos e ás 18:30 horas ao local da Asociación Cultural Rosalía de Castro, en Cacheiras.

A festa

As actividades no pavillón municipal da Ramallosa comezarán ás 17:45 horas, aínda que a chegada ao polideportivo e a recepción oficial dos Reis Magos comezará ás 19:20 horas. Durante todo este tempo, a festa contará con flocos de millo e rosca con chocolate. Os nenos e nenas poderán entreterse ademais con xogos inchables, varios obradoiros e bailes de Nadal, así como a actuación do mago Cayetano Lledó.

Agasallo especial

Os nenos e as nenas que visiten os Reis Magos durante a festa no pavillón recibirán un agasallo moi especial. Con el, Fadatea, a imaxe das bibliotecas municipais, descubrirá as parroquias do municipio así como os seres máxicos que habitan en Teo.

Residencias

En canto ás residencias de maiores, dentro do programa Nadal Solidario dos Servizos Sociais municipais, os Reis Magos comezarán o seu percorrido ás 16:00 horas na residencia de Pontevea. Despois, durante toda a tarde, esta cabalgata especial acudirá á residencia O Castro (Calo), á de San Simón de Ons (Cacheiras), á residencia Los Arcángeles e, finalmente, ao Complexo Residencial Victoria, emprazado na parroquia de Oza. Acompañados polos paxes, os Reis Magos entregarán un total de 325 agasallos especiais e moito afecto e cariño para as persoas que viven nas residencias situadas no municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies