займ срочно

Os Reis Magos reclaman no Parlamento más axudas para os discapacitados

0

Compostela, 4 de xaneiro do 2019 – Os Reis Magos pasarán hoxe polo Parlamento e a Valedora do Pobo para reclamar a apertura do Centro Galego de Desenvolvemento Integral, CEGADI, e deixarán carbón aos responsables da Xunta.

A iniciativa parte da ANPA do Colexio de Educación Especial da Barcia. Lembran que a tramitación de este centro comezou no ano 2007; o espazo estaba pensado para a promoción da integración integral da persoas con diversidade funcional nun centro de vangarda. As previsións iniciais era dotar ao CEGADI de plans de formación específica para persoas con discapacidade, prazas para a rehabilitación funcional, emocional e psicosocial; e con prazas públicas de carácter residencial para os usuarios tanto de discapacidade física como psíquica.

As previsións eran que estivera en funcionamento no 2018 pero, como denuncian os pais, segue sen abrir e coas instalacións, en Santiago de Compostela, en continúo deterioro. Con esta situación a ANPA decidiu escribir unha carta aos Reis Magos pedindo a posta en funcionamento deste centro de maneira inmediata; tamén queren a ampliación de prazas públicas de carácter residencial para discapacitados en outros centros do ámbito da área de Compostela, en concreto no Centro Residencial “Juan Vidán Torres” radicado na parroquia compostelá de Laraño.

Tal como explican nun comunicado Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron con preocupación dita solicitude ao constatar a urxente necesidade de prazas públicas que existe actualmente para os nenos con discapacidade intelectual escolarizados en Santiago de Compostela, e que unha vez rematada a súa escolarización aos 21 anos, se atopan sen ningún tipo de atención neste senso. Por este motivo os Reis Magos estarán esta mañá, 12 horas, no Parlamento de Galicia e na Valedora do Pobo para facer entrega de estas peticións en persoa.

Do mesmo xeito, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar consideran que durante o 2018 o Goberno da Xunta non se portou ben coa discapacidade ao non cumprir a súa promesa de abrir o CEGADI durante o pasado ano, polo que farán entrega do correspondente saquiño de carbón para o seu executivo, coa esperanza que sirva de chamada de atención para durante o 2019 teñan máis en conta as súas demandas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies