займ срочно

Os sénior do Santiago Rugby gañan na fin de semana

0

Compostela, 5 de novembro do 2018 – Pleno de vitorias para os equipos  sénior do Santiago  Rugby Club que afianzan as boas sensacións das últimas xornadas.

Se ata agora todo eran boas sensacións pero sen materializarse nos resultados, o desta xornada tanto para o equipo feminino como para o masculino do Santiago Rugby foi un golpe na mesa e un toque de atención para o resto de equipos.

Mentres o feminino daba a sorpresa nas terras do Deza ao impoñerse ao equipo de Lalín por un traballado 10 a 17; o masculino asinaba unha épica remontada impoñéndose no último suspiro cun 24 a 25 en terras do  Lerez e ante o actual  líder da liga nin máis nin menos, o Mareantes de Pontevedra.

Parece que ambas as seccións do club sincronízanse para remar ao unísono en  pos de alcanzar unha posición na táboa máis acorde ao bo traballo realizado polos seus técnicos e xogadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies