Os theremins protagonista hoxe en Afundación dentro do ciclo Sonoro empeño

0

Compostela, 22 de maio do 2019 – Dentro do ciclo Sonoro empeño, organizado por Afundación, hoxe mércores a partir das 19.30 h no Centro Obra Social ABANCA (pr. de Cervantes) terá lugar un concerto a cargo do Trío Modulador de Ondas, a única agrupación de toda a península conformada por dous theremins e un violoncelo.

Os theremins son instrumentos electrónicos inventado en Rusia no ano 1920. O son que emite non está xerado por ningún contacto físico do intérprete co aparello, de aí a súa particularidade. O intérprete acariña as melodías no aire cos movementos dos seus brazos e mans diante dos campos electromagnéticos de dúas antenas. O trío Modulador de Ondas recupera a técnica e maneira de usalo, acompañado dun violoncelo. Un trío electroacústico que sinxelamente non ten ningún precedente en España ou Portugal, e escasos no mundo. Confórmano Macarena Montesinos (chelo), Paulo Pascual (theremin e guitarra) e Uxo Pousa (theremin e melódica).

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de amosar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 15 de setembro no Centro Obra Social ABANCA, de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 h, e os sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h, e contará con servizo de audioguía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial