Os traballadores de Tussa piden respeto e anuncian mobilizacións

0

Compostela, 31 de marzo do 2021 – O conflito da empresa municipal de transportes de Santiago, Tussa, agudizase co anuncio dos traballadores de mobilizacións.

O comité de empresa de Tussa lembran que desde xullo só tivo lugar unha reunión o que demostra a falta de diálogo. Afirman ademais que hai compromisos por executar e que se enteran antes pola prensa que pola súa empresa das mudanzas que se lles aplican.

Un debate sobre a municipalización

Tras o conflito está un debate sobre os servizos que se municipalizan. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicaba o luns en rolda de prensa que o concello ten que poñer remedio ás perdas económicas de Tussa

As contas eran debatidas no Consello de Administración de Tussa no que estaba presente, como representante de Compostela Aberta, Jorge Duarte quen di que non se pode facer demagoxia xa que hai outros concellos no que as empresas privadas que xestionan os servizos están reclamando que se compensen as perdas

Duarte lembra que non é o único servizo municipal que da perdas e engade que fai unha labor necesaria na cidade polo que debe seguir sendo municipal

Os traballadores piden respeto

Pola súa banda os traballadores aseguran nun comunicado sentirse sorprendidos polas palabras de Bugallo e non entenden que unha vez máis se insinue que pode haber despedimentos. Afirman que o único que fixeron foi pedir diálogo sobre os asuntos que lles afectan e que non van a tolerar máis ameazas.

Tamén denuncian que está sen solucionar a falla de seguridade dos traballadores do guindastre, que non se contou co comité no cambio da Estación de Autobuses e que hai máis dun ano que non se reúne a mesa negociadora do convenio co que son os únicos traballadores do concello que non tiveron suba nin en 2020 nin en 2021.

Acusan a Tussa e ao Concello de tratalos de menores de idade e informarlles das cousas só cando xa as teñen decididas esquecendo que o principal dereito dunha representación sindical é o de consulta previa e participación.

Sobre as acusacións de perdas no guindastre.

Os representantes do cadro de persoal de Tussa lembran que en ningún caso a situación económica é culpa dos traballadores e traballadoras e que durante o confinamento mesmo se ofreceron por escrito para realizar calquera traballo de apoio para o Concello relacionado coa situación de pandemia do Covid-19.

En canto ás supostas “perdas” da grúa, lembran que os traballadores do guindastre puxeron 8.000 denuncias e máis de 30.000 na ORA pero que esas as xestiona o Concello directamente e non entran nas contas de Tussa. Indican ademais que a redución na retirada de vehículos nos últimos anos ten que ver coa humanización da zona nova e a eliminación de dobres filas e zonas de aparcamento e en ningún caso é responsabilidade dos traballadores e traballadoras.

Consideran que sacar isto continuamente como único argumento é só unha cortina de fume para restar valor ás demandas e para poñer á opinión pública en contra do persoal de Tussa. Acusan ao grupo de goberno de entender Tussa, e a ORA e o guindastre en particular, só como unha vía de financiamento onde prima o afán recadatorio máis que o de servizo público.

Finalmente do Comité de Empresa anuncian mobilizacións nas próximas semanas para reclamar respeto e diálogo real e non de cara á galería.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial