Os veciños de Touro camiñaron contra a mina mentres as balsas seguen desbordando

0

Touro, 21 de xaneiro do 2019 – Os ríos volveron a baixar contaminados por Touro tras as chuvias na fin de semana, os vídeos nas redes sociais serviron para denunciar unha vez máis a situación da antiga mina.

O domingo a Plataforma Mina Touro O Pino NON celebrou outro dos actos reivindicativos en contra da explotación, unha camiñada con saída das igrexas de Loxo e Arca para chegar ata o Campo da Festa de Cebreiro. O percorrido serviu tamén para tomar imaxes de como baixan os ríos e incluso do desbordamento, novamente, de balsas da antiga mina. Nas seguintes imaxes a balsa de Bama.

Non foi o único suceso da fin de semana porque as recentes obras en Fonte Díaz provocaron o desbordamento do río por parte das rúas do  principal núcleo urbano de Touro. Hai que lembrar que as obras realizadas foron denunciadas no seu día polos veciños por facerse presuntamente sen permisos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial