Os Viqueira presentan en Ordes Vilaverde

0

Ordes, 3 de maio do 2018 –  Este próximo venres 4 de maio, ás 20 horas, a biblioteca municipal de Ordes servirá de espazo de presentación para Vilaverde, o novo traballo de Os Viqueira.

Vilaverde é un libro disco editado hai escasas datas coma homenaxe ao fundador do grupo, Manuel Viqueira. Este gaiteiro dedicouse a recoller melodías e cancións populares por toda a comarca de Ordes, moitas delas recuperadas polos seus fillos e os músicos da formación para este novo proxecto, ademais de historias, fotos e anécdotas del e doutros gaiteiros da zona.

O acto estará aberto a todas as persoas que desexen acudir. De seguro que, tratándose dos Viqueiras, a música en vivo, a festa e a foliada non se votará en falta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies