Os Xenerais da Ulla comezan os atranques en Rarís

0

Teo, 16 de febreiro do 2019 – O Entroido do Ulla ábrese este domingo na parroquia de Rarís co primeiro dos atranques entre Xenerais.

Este domingo ao redor de 100 persoas de Rarís sairán entre coro de mozos e vellos, carrozas e persoas a cabalo para pasar polos diferentes lugares da parroquia dende as 09:00 horas. A cabalo irán dous correos e oito xenerais que pecharán unha xornada festiva co tradicional atranque no campo da festa a última hora da tarde.

A comitiva festiva fará o seguinte percorrido: sairán da Casa Común de Rarís e pasarán por Rialdomato, Buela, Vilela, zona da igrexa de Rarís, Fornelos (neste punto comerán), Bouñou, Sestelo, Rarís, Florida, Casal de Reis para volver á Casa Común de Rarís.

Rarís será a primeira en Teo e despois virán os atranques de Reis os días 23 e 24, en Santa María de Teo o 2 de marzo e en Vilariño o 3 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial