займ срочно

O cuarteto de clarinetes OuKlar en Brión

0

Brión, 17 de setembro do 2017 – A Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión inaugurará o curso 2017/2018 cun concerto a cargo do cuarteto de clarinetes OuKlar, formación creada por catro mozos clarinetistas de Ourense unidos pola súa etapa de formación académica e as súas ganas de facer música xuntos.

O concerto terá lugar mañá luns 18 de setembro, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente de Brión. A entrada será libre e de balde.

 O director da ESMU Magariños, Carlos Pintor, explica que “a formación musical OuKlar engloba experiencias en ámbitos moi variados, pasando pola participación en numerosas bandas de música populares e profesionais de toda Galicia, ata a música de cámara máis intima, orquestra sinfónica, dirección de bandas e música contemporánea”. Experiencias que achegan unha intención de abarcar moitos estilos diferentes e por outro lado, ser quen de transmitir e facer chegar ós oídos da xente, todas esas pinceladas de tan distinta procedencia e que tanto nos poden facer aproveitar.

OuKlar viaxarán en este concerto inaugural por diferentes estilos e épocas, xa que interpretarán obras de compositores tan dispares como Amilcare Poncchieli, Vittorio Monti ou Astor Piazzolla ata voltar á terra có clarinetista e compositor galego Simón Couceiro ou achegar música popular de distintos recunchos do mundo. O cuarteto de clarinetes OuKlar está composto por Olalla Rodríguez, David Lamas, Javier Losada e Celso Nieto, profesor titular da Escola Municipal de Música Magariños.

Curso académico

Pola súa parte, as ensinanzas musicais na Escola Municipal de Música Magariños comezarán o martes 19 de setembro e comprenden un total de 162 días lectivos, rematando o 15 de xuño de 2018. Este curso 2017/2018 conta cunha matrícula de máis de 230 alumnos en termos absolutos e por enriba de 900 matrículas nas distintas materias impartidas no centro. Ata o 31 de outubro, o centro admitirá por rigorosa orde de inscrición as solicitudes de matrícula nas especialidades que teñan prazas vacantes.

A Escola, creada no ano 2003 e inscrita no rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, ofrece na actualidade 20 instrumentos ademais doutras materias complementarias coma linguaxe musical, coros, combos, banda de música, ensambles de clarinetes e saxofóns, agrupación de percusión, banda de gaitas, harmonía, análise musical e música e movemento, entre outras. O Plan Educativo de Ensinanzas Musicais recolle unha formación aberta a todos os veciños de Brión independentemente da súa idade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies