займ срочно

Compostela, 21 de novembro do 2017 – Un ano máis pechou o Outono Códax Festival e déixanos coa sensación de que durou pouco, deixounos con gañas de máis. de máis concertos, de máis música.

The Suffers

O Outono Festival xa está consolidado hai anos pero cada edición da a sensación de que se reafirma máis nunha liña moi ben definida e a sétima non foi unha excepción. A maior virtude é a programación, esa exquisita selección de artistas que poden gustar máis ou menos, dependendo das preferencias de cada quen,  pero nunca baixan dun nivel óptimo no escenario.

A primeira xornada trouxo a Capitol a lenda viva PP Arnold precedida polos galegos Cachas & Cousins. Seguimos votando de menos nos grupos locais, salvo excepcións, frescura no escenario; fáltanlles concertos, rodaxe, o fan todo ben pero un grupo está rodado cando se deixa levar e o que sae mal soa ben. De PP Arnold pouco que dicir salvo que é PP Arnold, ela si que leva décadas enriba dun escenario, sabe como manexar a calquera público e goza dunha enerxía que xa quixeran moitos mozos.

Sugar Daddy & he Cereal Killers

O Outono Festival 2017 tamén cumpriu unha das regras non escritas: non sempre o cabeza de cartel é o que cho fai pasar mellor. Este ano sucedeu con Hillbilly Moon Explosion. Abriu a noite Mad Martin Trío que son unha garantía de bo facer, sen artificios, rock and roll en estado puro porque non fai falta máis, unha das excepcións que mencionábamos no parágrafo anterior. A continuación Daddy Long Legs reafirmouse en esa liña, Daddy é un animal de escenario, coa armónica, coa guitarra, coa voz, co corpo… é imposible non sentirse arrastrado pola forza de este tipo ao que calquera escenario quédaselle pequeno. Cando chegaron os Hillbilly o noso corpo xa estaba exhausto e nin as poses forzadas da cantante nin o bo facer da banda íanos a mover máis do necesario; soaban ben, fixeron o que se esperaba deles pero a auga despois do viño non sabe igual.

Johny B. Bad

The Suffers e Sugar Daddy and The Cereal Killers foron os grupos perfectos para quedar na última xornada, como dicíamos, con ganas de máis. Destacar a mala sorte de Sugar Daddy que fixo que primeiro tiveran problemas cun micro da sección de vento e despois que o baixista rompera, en dúas ocasións, as cordas do contrabaixo; ao quite estaba o teclista e fundador dos Suffers, Pat Kelly,  que enseguida lentrou no backstage a prestarlle o baixo eléctrico e que puideran continuar co concerto. Os italianos son o que se espera deles, swing e rock dunha factura impecable.

The Suffers son un conxunto de músicos que por separado son excelentes e en conxunto son inmensos. A voz de Kam Franklin é só unha parte dun todo abraiante, unha calidade que os está a levar, desde hai un par de anos, aos mellores escenarios dos Estados Unidos. Baste mencionar dous exemplos: a su presenza no show de David Leterman e nos reputados Tiny Desk Concerts que montan a Radio Pública de Washington. Hai que dicir tamén que é o segundo concerto dos de Houston en España e, como xa sucedeu con outros artistas que pasaron polo Outono Festival, volveran sen duda en máis ocasións.

Deixo para o final de esta crónica os concertos dos venres do Outono Festival. Pezas intimas pouco valoradas, concertos magníficos e de balde que teñen aínda que ser descubertos porque non é normal que, sendo de balde, sobre sitio. Este ano Hendrik Röver, Óscar Avendaño e Juanjo Zamorano demostraron, como di o nome da súa xira, que non hai que temer aos cantautores, vivimos épocas para recuperalos. O pasado venres tocáballe a quenda a Lar Legido e Xulián Freira, blues sen concesións… só unha, a sentida homenaxe a Narf ao interpretar Chove en Santiago. E a continuación outro animal de escenario dificilmente clasificable: Johny B. Bad, batería e guitarra tocados ao mesmo tempo mentres canta… ou algo así, non importa moito a verdade, ti podes tomar unha bebida enerxética ou que un médico te inxecte adrenalina en sangue… o espectáculo parécese máis a esto último.

O Outono Festival prepara xa a oitava edición porque traer a artistas do nivel que trae non é algo que se consiga en dous meses, as veces leva anos porque, non hai que esquecer que, PP Arnold foi unha das opcións para a primeira edición. É por dereito propio un dos mellores festivas de música negra da península es os 11 meses que quedan para o seguinte concerto faranse moi longos.

Así foi en imaxes a última fin de semana

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”58″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies