Un outubro de teatro no concello de Teo

0

Teo, 4 de outubro do 2017 – Teo abre a axenda cultura do outono cun outubro de teatro. Dez citas coa escea para todo tipo de públicos e que serán a maioría no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa aínda que tamén se programa no IES de Cacheiras e nas bib      liotecas municipais.

Escea do Florido Pencila, primeira das obras do ciclo

O outubro de teatro comeza o sábado 7 coa función O florido pencil representado pola Asociación Cultural O Maxolo no Auditorio Constante Liste ás 21:00 horas. Está dirixido a público adulto.

O sábado 14 ás 21:00 horas outra función para adultos, Os límites do frío interpretada por Lois Blanco Araúxo.

O sábado 21 no Auditorio Constante Liste ás 21:00 horas a Asociación Teenses pola Igualdade presenta a peza A casa de Bernarda Alba para público adulto.

O domingo 22 tamén no Auditorio da Ramallosa o grupo de teatro municipal representa Hotel Ramallosa ás 19:00 horas indicado para público adulto. O venres 21 Talía Teatro presenta Os Foucellas ás 21:00 horas (público adulto) tamén no A. Constante Liste.

Funcións familiares

Durante todo o mes haberá varias citas para o público familiar. O sábado 21 ás 19:00 horas teremos na Biblioteca dos Tilos co contacontos infantil e familiar Filipa cos contos da man de Fran Campos. O martes 24 ás 18:00 horas na Biblioteca do Grilo en Cacheiras preséntase Contos para bebés con Pavís Pavós para nenos e nenas de ata 3 anos. O mes remata coa obra A nena que quería navegar de Redrum Teatro o sábado 28 de outubro ás 19:00 horas no Auditorio Constante Liste.

Teatro no instituto

Dentro do mes do teatro do Concello sempre se programan funcións nalgún dos centros escolares. Neste caso será no IES de Cacheiras. O venres 13 ás 12:00 horas no auditorio do centro a Asociación Cultural Tolemia presenta Low cost for Shakespeare. O venres 27 ás 12:00 horas Talía Teatro presenta Foucellas no Auditorio Cosntante Liste nunha función para os escolares do IES.

As entradas a todas as obras son de balde polo que dende o Departamento de Cultura se anima ao público asistente a colaborar co Banco Veciñal de Alimentos coa entrega de produtos non perecedeiros (leite, conservas, aceite, legumes…). A entrega pódese facer o mesmo día da función nos locais.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies