Outubro é o mes do teatro en Teo

0

Teo, 30 de setembro do 2020 – O mes de outubro é desde hai tempo o mes do teatro en Teo e o concello ven de presentar unha intensa programación.

A crise sanitaria marcará este mes do teatro xa que os aforos reduciranse, terá que reservarse a entrada no enderezo entradascultura@teo.gal   e na sala tomaranse todas as medidas preventivas necesarias e adaptadas a normativa en vigor. O uso de máscara será obrigatoria e as entradas e saídas faranse de xeito gradual.

Programación

O actor e veciño dos Tilos Vicente Mohedano abrirá a programación para nenos de 7 a 12 anos co espectáculo didáctico científico Be water o venres 2 na Biblioteca dos Tilos ás 18:00 horas da tarde. O sábado 3 continuará co grupo de Teatro afeccionado Atrezo coa obra para adultos Chicago Killers ás 20:00 horas no Auditorio Constante Liste.

teo teatro

Escea do Florido Pencila (outubro 2017)

O venres 9 ás 18:00 h tócalle tamén ao teatro infantil con Mirada de bolboretas do grupo de teatro afeccionada Lohegrin. A biblioteca dos Tilos acollerá o sábado 10 ás 12:00h á escritora, contadora e veciña desta parroquia Carmen Domech co espectáculo Contos para pasalo de medo.

Do 12 ao 18 de outubro co gallo da celebración o 15 de outubro do Día das escritoras, publicarase cada día da semana nas redes sociais de Cultura e das Bibliotecas do Concello unha ficha con información relativa a unha autora vinculada co Concello de Teo acompañada dun comentario dos seus libros.

Continuaremos o venres 16 ás 18:00 h de novo con Vicente Mohedano, esta vez na Biblioteca do Grilo co espectáculo Cando o sol se deita. O sábado 17 ás 18:00 h o teatro afeccionado Axóuxere representa Quero ser maior. Na fin de semana celebrarase o día internacional das bibliotecas.

O venres 23 ás 18:00 h na Biblioteca dos Tilos o espectáculo para bebés de Gemola Contiños de animaliños ben pequeniños e á mesma hora na Biblioteca do Grilo, o veciño de Cacheiras Oscar Villán impartirá o obradoiro Aproximación á ilustración. O sábado 24 ás 12:00 h, de novo na biblioteca dos Tilos, estará Carmen Domech con Contos de libros contentos e pola tarde no Auditorio Constante Liste ás 18:00 música infantil con contos de Magín Blanco con O que levamos nas maletas. O domingo ás 19:00 h teatro afeccionado para persoas adultas con Chimpa Teatro e a obra Intocables no Auditorio Constante Liste.

No mesmo espazo o venres 30 ás 18:00 h Historias de arrepío con Paula Carballeira e o sábado 21 ás 20:00 h Vida de cans de Talía Teatro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial