Outubro, mes do teatro en Teo

0

Teo, 5 de outubro do 2018 – Outubro é o mes do teatro no Concello de Teo cunha intensa programación que oferta actividades para todos os públicos, adulto e infantil.

Sarabela Teatro abre a programación para público adulto con Normas para saber vivir na sociedade actual hoxe venres ás 21.30 h. Mañá sábado, ás 21.30 h, continúa con Full Monty Anda Asociación, da Asociación Prosaúde Mental, no mesmo horario. O domingo 21 ás 19.00 h o Obradoiro de Teatro Municipal de Teo representa A vida nun fío, todos eles no Auditorio Constante Liste.

O público infantil tamén comeza as representacións hoxe venres ás 19.00 h coa obra Os contos do Grúfalo, contacontos infantil na Biblioteca dos Tilos. O xoves 11 ás 18.00 h, tamén na Biblioteca dos Tilos, Títeres Cachirulo representa A Cabeza do dragón. O sábado 13 ás 18.30 horas comezan as representacións no Auditorio Constante Liste con Pum pum, de Baobab Teatro. A Biblioteca do Grilo de Cacheiras comeza a programación o venres 19 ás 18.00 h co contacontos Como axudo a Antón? dos Biosbardos. O sábado 20 ás 18.30 h, de novo no Auditorio Constante Liste, Caramuxo Teatro representa Ela obra sobre a escritora Maruxa Mallo. O mércores 24 a actividade volve á Biblioteca dos Tilos co contacontos infantil As historias viaxeiras de Kamishibai e teatro de papel e mais o venres 26 ás 21.00 h co contacontos de Chío Couto Contos vivos que fan poesía.

A última actividade na Biblioteca dos Tilos será o sábado 27 ás 17.30 e ás 18.30 h con dúas funcións de teatro para bebés de Babaluva Teatro coa obra A alfombra máxica. Este espectáculo require anotarse no Departamento de Cultura municipal previamente.

Remata a actividade teatral infantil co musical teatralizado A casa do terror de Xoán Curiel o mércores 31 ás 19.30 h no Auditorio Constante Liste.

Berberecheira trae a Teo Anatomía dunha serea

O Grupo Chévere volve ao Concello de Teo, lugar onde ten a súa residencia, para presentar unha nova peza da súa iniciativa Berberecheira, neste caso a obra Anatomía dunha serea. Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da actriz é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan en escena. As datas das representacións serán os xoves 18 e 25 e os venres 19 e 26. O horario será ás 21.00 h no Auditorio Constante Liste da Ramallosa. As entradas pódense mercar de forma anticipada a través da web www.redenasa.tv ou 30 minutos antes na billeteira o día da función.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial