Pablo Sanmamed, Chocolate Band, Zapa e Mojo Experiencie no Feito a Man

0

Compostela, 9 de agosto do 2017 – Tres novos espazos no Feito a Man que enchen un día máis a zona vella de Compostela de música en directo e hoxe con músicos da casa, da cidade.

Hoxe hai sesión vermú as 13.30 na Rúa Nova con Pablo Sanmamed trío. Unha formación na que Pablo Sanmamed está acompañado polo pianista Iago Mouriño e o batería Bruno Couceiro. Este ano publicarán un disco con gravado e misturado por Ramón Campos. Pablo Pérez  Sanmamed é un contrabaixista e compositor de  fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.

Xa as oito da tarde os sóns do Feito a Man instálanse na Praza de Abastos coa Chocolate Band, o nome preciso para un lugar coma este. A Chocolate Band é un grupo compostelán de versións dedicada a repasar en directo os mellores clásicos da historia do rock and roll e do soul.

As dez da noite Mazarelos segue a converterse nun dos lugares máis acolledores da cidade despois das experiencias de Nadal e Antroido. O Feito a Man trae a este lugar, a partir das dez da noite, a Zapa! e a Mojo Experiencie.

Zapa! é un trío de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata (ex Ruxe-Ruxe ou The Fabulous Resaca Brothers), guitarrista e cantante. Con Fran Facal (ex Dr. Gringo ou Bakin Blues Band) á batería e Jacobo García (Sinestesia, Néboa) ao baixo, dan forma a un rock potente e denso que nos leva desde o son dos 70 ata o stoner actual. Na súa primeira gravación (Igual es diferente, 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotiá, o amor e a arte, amosando reacción contra o esmagador do falso e do aparente en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica.

Mojo Experiencie é unha “Explosive Blues Band”  que se caracteriza por ter un son que mistura o Blues co Hard Rock, o Funk e o Soul. Cunha base rítmica de alta voltaxe e unha liña frontal incombustible ten por costume crear un directo impredecible e cheo de enerxía, que combina algunha versión con temas propios.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies