займ срочно

Pacto X Ames abandona o pleno municipal por non poder debatir unha proposta (audios)

0

 A secretaría recoñeceu que faltaban informes sobre a proposta pero que a cuestión do debate compete ao alcalde como presidente do pleno de Ames.

Ames, 28 de outubro do 2016 – O pleno de Ames deixou en evidencia que o regulamento de funcionamento, aprobado recentemente, necesita ser mellorado ou polo menos concretdo.

A polémica xurdia no punto adicado ao IBI. O goberno municipal levara unha proposta, presentada no último momento nas comisións previas, para dotar dunha bonificación do 95% ao rural. Pacto X Ames quería engadir un cambio que consistía en baixar o IBI do 0.44 ao 0.40 pero a presidencia da mesa, o alcalde, consideraba que non podía ser engadida como enmenda e polo tanto tampouco debatida. A proposta de Pacto x Ames fora tamén presentada no último momento pero a diferenza coa do equipo de goberno é que non estaba dotada dos informes preceptivos.

A cuestión foi clarexada pola secretaria que explicou que non podería ser adoptado o acordo sen eses informes. O  alcalde aproveitou para dicir que, como acababa de aclarar a técnica municipal non podía ser debatida pero foi correxido pola propia secretaria que o cortou para aclarar que ela non dicía que non se puidera debater xa que iso era cuestión do alcalde, ela solo aclaraba que non se podería adoptar ningún acordo.

En ese momento a portavoz de Ames Novo acusou ao alcalde de xogar con cartas marcadas xa que certas propostas eran debatidas e outras non e pediu que se convocara a xunta de portavoces con urxencia para aclarar o uso que se estaba a facer do novo regulamento e que desde o seu punto de vista era restrictivo coa oposición.

Este é o audio dos feitos

As portas do concello Ramón García, portavoz de Pacto X Ames expresaba o seu malestar por que non puidera ser debatida a proposta

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies