Pacto X Ames considera que o goberno do concello está en “parada técnica”

0
Showing 1 of 1

Actuacións básicas como saneamentos, obras de accesibilidade, parques biosaudables, o novo chan para o polideportivo de Bertamiráns, gradas cubertas para o campo de fútbol do Milladoiro e pavimentación de vías, entre outras, seguen á espera.

Ames, 07/10/2016 – Que os procedementos administrativos son lentos é sabido, pero que o goberno tripartito de Ames, no ano e medio que leva de mandato, non executara ningún dos proxectos e actuacións aprobadas, fala por si só da xestión deste goberno.

Do Plan de Acción Social correspondente ao ano 2015 con unha dotación económica de 867.963 € (complementario incluído), non se executou nin un céntimo. Neste plan hai actuacións como proxectos de accesibilidade a edificios públicos, parques biosaudables, saneamentos para Portanxil e Ventosa etc.

Do Plan de Obras e Servizos da deputación tamén aprobado nese mesmo pleno, con un importe de 775.195 (complementario incluído), tampouco se executou absolutamente nada.

Dende Pacto X Ames vimos chamando a atención sobre a situación na que se atopa o concello porque neste ano e medio, o goberno tripartito non foi capaz de sacar uns orzamentos que levan prorrogados dende o 2012, sacouse de enriba os servizos máis importantes prorrogando ou practicando a lei do mínimo esforzo como é o caso da limpeza viaria, o ciclo integral da auga, a recollida do lixo, as escolas deportivas ou os obradoiros culturais.

A parte do desánimo que provoca na veciñanza, o retraso nestes proxectos provoca danos considerables debido á demora como a entrada en funcionamento de servizos fundamentais como o saneamento, ou a utilización do novo chan para o pavillón de Bertamirán (urxe o cambio polas lesións que está provocando o chan que ten nestes momentos), as tan desexadas gradas do campo de fútbol do Milladoiro (neste campo non hai onde abrigarse cando chove) ou a solución aos problemas de accesibilidade que teñen algunhas persoas para acceder aos edificios públicos do concello,.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial