Pacto X Ames pide a dimisión do concelleiro de Cultura e Educación David Santomil

0

Ames, 4 de xaneiro do 2017 (fonte Pacto X Ames) – Según Pacto X Ames o acontecido coa Cabalgata dos Reis provocou o rexeitamento unánime da cidadanía e dos empresarios e comerciantes do concello. Os colectivos mostraron a súa enérxica protesta motivada pola fata de diálogo e a toma de decisión unilateral do goberno de Ames.

Sacar a Cabalgata das rúas do concello para concentrar a actividade nos pavillóns é dar a puntilla a un acto festivo que debería ser unha icona dun concello que ten a taxa de rapaces máis alta de Galicia.

Según Pacto X Ames o tripartito e o concelleiro do BNG adxudicaron, pola súa conta, a unha empresa foranea e multinacional con delegación na Coruña, 11.000 euros en concepto de luz, son e acrobacias aéreas.

Gastáronse tamén máis de 3.000 euros na compra de 6 traxes de Reis, 6 traxes de paxes reais e 4 heraldos. Nos gastos tamén figura outra partida de máis de 7.000 euros en concepto de iluminación e son, así como unha máquina de neve, que foi adxudicada a unha empresa do polígono Compostelano do Tambre.

Dos case 23.500 euros que costará o evento, menos de 3.000 euros son para empresas que pagan os seus impostos en Ames.

Pacto X Ames incide ademáis en que os argumentos expostos polo goberno tripartito de Ames, aludindo a que este é un acto para os rapaces e non para os comerciantes, contrasta claramente coa campaña que leva por título “Compra no comercio local e compra produtos galegos” polo que califican ao concelleiro de hipócrita.

Pacto X Ames insiste en que “no resto de concellos da redonda deben estar errados porque en todos haberá cabalgata polas rúas. É curioso como o concello con máis nenos da comarca toma unha decisión que provocará a fuxida  das familias a outros concellos limítrofes. Familias que consumirán en establecementos hostaleiros e tendas doutros concellos en vez de facelo en Ames”.

para Pacto X AmesO goberno tripartito actúa como un reino de taifas, cada grupo vai ao seu e hai unha carencia de comunicación palpable en cada actuación.

No caso do concelleiro do BNG, que tamén ten a delegación de cultura, a súa indolencia é máis que evidente. Négase a dialogar coas asociacións de empresarios e comerciantes de Ames tomando unha decisión unilateral a hora de organizar á Cabalgata de Reis.  Negouse a dialogar no conflito do conserxe de Bentín, tomou a decisión de nomear a dedo ao persoal que imparte unha gran parte dos obradoiros culturais e a política desenvolta nos Comedores Escolares é nefasta, consolidando un déficit de 600.000 euros, tal e como reflicten os informe de intervención.  Non conta coas empresas que pagan os seus impostos en Ames e os seus incumprimentos en materia de educación, son unha constante.

O tripartito carece de políticas culturais máis alá da imposición ideolóxica que pretende instaurar como modelo no concello de Ames, prescindindo das costumes e sen capacidade de diálogo. Durante estes primeiros 20 meses de goberno non foi capaz de facer unha xestión axeitada, como se demostrou recentemente coa Escola Municipal de Música, quedando fora da Relación de Postos de Traballo (RPT).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial