займ срочно

Pacto X Ames reclama que se celebre o Pleno Extraordinario  sobre o estado do Concello

0

Ames, 4 de marzo do 2017 – Pacto X Ames ven de presentar un escrito no rexistro do concello reclamando que se aplique o regulamento orgánico e se celebre o Pleno Extraordinario sobre o estado do concello.

Según Pacto X Ames a falta de transparencia do goberno tripartito e a súa “radicalización” quedan día a día retractadas.

Paco X Ames lembra que a convocatoria de este Pleno Extraordinario é de obrigado cumprimento, tal e como figura no artigo 60 do Regulamento Orgánico Municipal aprobado por unanimidade en sesión plenaria e vixente desde a súa publicación no BOP, en abril do pasado ano. Neste artigo figura a obrigatoriedade de convocar o pleno no primeiro trimestre de cada ano, polo que Pacto X Ames, decidiu solicitalo de xeito formal por rexistro.

Pacto X Ames pide tamén que se convoque a Xunta de Voceiros para acordar a data, que se celebre o pleno na Casa de Cultura de Milladoiro ou de Bertamiráns, que se curse invitacións a todas as asociacións e forzas vivas do concello e que se realice a máxima difusión para que a veciñanza poida asistir.

Para Pacto X Ames acusa  ao goberno municipal de marxinar á formación e a Ames Novo de apoiar este tipo de prácticas. Según PxA nos últimos meses hai un acordo tácito co fin de marxinar á oposición de Ames. Primeiro foi a negativa a negociar os orzamentos, reservándose tal negociación en exclusiva e realizada con un absoluto escurantismo, a continuación estes partidos puxéronse de acordo para levar por urxencia e no último día de prazo, as propostas para o plan da Deputación  POS 2017 no que, ademais, dedicaron todos os cartos a gasto e deixaron ao rural sen investimentos, e agora, sempre según PxA,  pretenden aplicar a lei do silencio e non convocan este pleno extraordinario regulado no artigo 60.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies