займ срочно

Pacto X Ames critica o xeito de pechar os orzamentos entre Goberno e Ames Novo

0

Ames, 22 de marzo do 2017 –  Pacto X Ames denuncia que foron chamados a engadir ideas aos orzamentos cando xa estaban pechados.

Pacto X Ames explica o sucedido nun comunicado nos seguintes termos:

Que o goberno tripartito (PSOE-PODEMOS-BNG) chegue a un acordo con Ames Novo para a aprobación dos presupostos do ano 2017, carentes de transparencia, sen contar con ningún grupo da oposición e cociñado en exclusiva pola esquerda máis radical, pode ter moitas lecturas, pero que unha vez pechado o acordo e publicado a bombo e pratillos, a concelleira de Podemos Genma Otero, envíe un Whatsapp o mesmo día 17 que se publicaba na web do concello o peche do acordo ao voceiro de Pacto X Ames, é, cando menos, unha falta de respecto tanto ao traballo do grupo municipal de PxA (que presentara as propostas por escrito días antes), como á veciñanza de Ames. A nova política funciona así.

O mesmo día 17, o voceiro de Pacto X Ames, Ramón García Argibay, respondeu a mensaxe rexeitando unha invitación extemporánea a unha negociación pechada coa que o goberno pretende facer un novo paripé e xustificar o inxustificable.

Dende Pacto X Ames non vamos a permitir que nos utilicen para que o goberno lave a súa imaxe autoritaria e carente de transparencia, impoñendo a aritmética por riba dun mínimo sentido democrático e convocado a posteriori, despois de pechar un acordo.

O acordo entre PSOE-BNG-PODEMOS e AMES NOVO sobre presupostos, inclúe unha medida esperpéntica, dotar unha partida económica para “a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración dun sistema de presupostos participativos a aplicar ao longo deste mandato”.

É cando menos curioso que os que presumen de participación, teñan que recorrer a unha asistencia técnica, porque descoñecen como se fan uns presupostos participativos.

Uns presupostos que de participativos soamente teñen o nome, non cumpren nin unha soa condición para definilos como tales, e non se contou coas forzas vivas do concello para que participaran na elaboración dos mesmos.

Uns presupostos que deixan ao rural co investimento máis baixo da última década e que no borrador das bases de execución improvisan o reparto de 12.000€ para 11 parroquias do concello, cantidade que, como moito, chega para tapar un par de fochancas por parroquia.

Uns presupostos que, segundo manifestaron os asinantes, pretenden “a asignación dunha cantidade destinada á elaboración dos estudos económicos imprescindibles para poñer en marcha o rescate da xestión municipal do Ciclo Integral da Auga”, cando en case dous anos de goberno non foron capaces de solucionar esta licitación e o alcalde tivo que firmar por decreto a declaración de situación de emerxencia. Si a isto sumamos que a experiencia da “nova política” pretendendo municipalizar servizos é un absoluto fracaso, tal e como se observa no que sae nos medios de comunicación, o experimento pode provocar para o erario público unha nova sangría de cartos.

En definitiva, a esquerda máis radical, toma o control do concello en detrimento dun alcalde socialista que foi o menos votado da historia de Ames, e que abdica nas súas funcións como rexedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies