займ срочно

Pacto x Ames e Partido Popular acusan ao goberno municipal de mentir na web do concello

0

Ames, 3 de decembro do 2017 – De novo Pacto x Ames e Partido Popular emiten un comunicado conxunto, en esta ocasión para denunciar que, según eles, o goberno municipal minte na web sobre o último pleno.

A polémica xira en torno aos datos económicos. Desde o equipo de goberno explícase que coa cancelación do plan de axuste o municipio terá débeda cero. Pacto x Ames e PP din pola súa banda  que esa redución de débeda é por imperativo legal e que ” O tripartito volve a enganar falando de débeda cero cando no informe de intervención e na propia proposta da alcaldía, recoñecese a obriga de pedir un crédito de 1.250.000€ para evitar perder os cinco millóns dos fondos europeos DUSI”.

Pacto x Ames e PP da a súa visión sobre o superavit alcanzado, según eles, “exclusivamente, grazas ao Plan de Axuste aprobado polo PP no ano 2012, debido a situación dun concello en quebra técnica e cun remanente de tesouraría en negativo de -2.228.813,65 reflectido claramente no informe de intervención, herdanza do goberno do PSOE do que Miñones era membro”. Ambos partidos lembran que a propia Secretaria do Estado de Administracións Públicas establece nunha nota explicativa, que,  “O Plan de Axuste quedará cancelado cando teña lugar a amortización definitiva das operacións”.

Na nota PxA e PP acusan ao goberno de manipular os datos na comunicación institucional xa que o informe de intervención “reflicte, perfectamente, que os créditos solicitados polo goberno socialista do que formaba parte Miñones no 2010, acadaron un total de 3.327.808€ fronte ao 1.590.869 € solicitado polo  PP, (cadro azul) en maio de 2012 para poder pagar a débeda que o goberno socialista”.

Pacto x Ames e PP explican tamén que o remanente de tesourería conseguiuse grazas ao Plan de Axuste, aprobado no 2012 como o reflicte o informe de intervención.

Dende o PP como Pacto X Ames explican ademais que o voto dos concelleiros foron favorables precisamente porque a situación actual é resultado do Plan de Axuste aprobado no ano 2012.

Para Pacto x Ames e PP “Este voto favorable demostra a coherencia e a responsabilidade dos concelleiros de ambos grupos, situación que contrasta coa irresponsabilidade mostrada polos socialistas no pleno de marzo de 2012, (do que Miñones era voceiro), cando se aprobou o plan de axuste e que nin sequera asistiran ao pleno, quizás para evitar a vergonza de ter que aprobar un Plan de Axuste pola súa nefasta xestión económica que provocou unha débeda a provedores sen precedentes de -2.228.813,65 euros e que puxo ao concello de Ames ao borde da quebra técnica e da intervención do Ministerio de Facenda. Si o alcalde Miñones tivera algunha estima polo que significa a representatividade que confire o ser alcalde de Ames, mañá mesmo presentaría a súa dimisión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies