Pacto x Ames denuncia subidas dos recibos da auga que chegan ao 105%

0

Ames, 27 de novembro do 2017 – Pacto x Ames denuncia que as novas taxas de auga provocan no concello subidas nos recibos que van desde o 30 ata o 105 % en algún caso.

Según explican desde o grupo “numerosos recibos da auga e saneamento correspondentes ao período comprendido entre abril e xuño, que están chegando aos fogares estes días, contemplan subidas xeneralizadas”. Para Pacto x Ames a suba dos recibos é unha consecuencia directa das novas taxas que prexudican ao 74% dos 15.000 usuarios do servizo.

O portavoz, Ramón Gª Argibay, explica que “familias que antes pagaban entre 60 e 90 euros están recibindo facturas que superan os 140€ como consecuencia da entrada en vigor da nova Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola Subministración de Auga, Saneamento e Depuración, que foi aprobada no pleno do pasado 28 de abril de 2017 e que entrou en vigor para o ano 2017. Estas medidas contaron cos votos favorables de PSOE, BNG, PODEMOS e AMES NOVO e cos votos en contra de PP, PxA e o concelleiro non adscrito Javier López”.

Pacto x Ames engade que en aquel momento advertiron que os consumos superiores aos 11-14 m3 de auga sufrirían un incremento progresivo nos recibos, segundo o tramo de consumo, que iría dende o 33% ao 108%.  A esto habería que engadir o Saneamento e a Depuración.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies