Pacto x Ames denuncia 6 millóns de gasto en licitacións é a incapacidade para municipalizar servizos

0

Ames, 15 de agosto do 2017 – Pacto x Ames denuncia que se levan gastados 6 millóns de euros en contratos o que demostra a falta de interés na municipalización de servizos como os de monitoraxe de comedores ou psicomotricidade.

Pacto x Ames explica que  “Pasada a metade do mandato do chamado goberno do cambio en Ames, a realidade acredita que non se realizou nin unha soa municipalización, a realidade confirma que non hai capacidade de xestión e que a súa forma de facer política está máis encamiñada a propaganda e aos xestos que aos feitos”.

Según o partido o goberno municipal leva gastados en contratos por medio de licitacións 6.000.000 €. Servizos como os de conciliación, limpeza, escolas culturais, piscomotricidade, monitoraxe ou axuda a domicilio son servizos que foron contratados actualizando os pregos da etapa anterior polo que non hai, según Pacto x Ames, nin cambio nin interés na municipalización.

Un dos servizos que saen prexudicados por esta forma de contratación é o de psicomotricidade xa que según Pacto x Ames dáselle máis valor aos criterios económicos que aos técnicos, algo criticado polas familias e que supuxo un cambio de empresa perdéndose a experiencia acumulada.

En canto ao servizo de monitoraxe dos comedores escolares, según Pacto x Ames, o número de empresas presentadas foi escaso, tan só tres mostraron un mínimo interese, así o demostra que das tres presentadas, a puntuación técnica acadada por dúas fora case testemuñal e moi deficiente o que supuxo que a actual concesionaria renovara de novo o servizo. Pacto lembra que o mesmo sucedera no mandato anterior e que “fora moi criticado polo actual alcalde, daquela voceiro do PSOE, e agora presume del”. No estrato da acta que se axunta, pódense observar estas graves carencias.

Pacto x Ames explica que “Como se pode observar no cadro vermello, as puntuacións técnicas están moi lonxe do requirido debido, fundamentalmente, a indolencia e falta de responsabilidade do concelleiro de educación que demostra unha vez máis fata de traballo propoñendo uns pregos extemporáneos tal e como advertira PxA no seu momento.

Outro dato a ter en conta é o prezo hora dos monitores de apoio que está 6 euros por debaixo do que figuraba nos pregos, o que supón un dato negativo relevante porque os usuarios seguen aumentando ano tras ano. Os monitores de apoio teñen unha especial importancia debido as numerosas incidencias que se producen durante o curso escolar”.

Pacto x Ames denuncia que  “a totalidade dos servizos seguen sendo realizados por empresas privadas, limpeza, xestión da auga, axuda a domicilio, etc… seguen sen municipalizar en máis de dous anos de mandato, o que demostra que o maior valor que ten o tripartito é a súa capacidade de manipulación propagandística”.

   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial