Padrón abre as axudas para actividades deportivas, culturais e de festexos

0

Padrón, 3 de setembro do 2018 – O Concello de Padrón abriu o prazo de solicitude de subvencións municipais a persoas ou entidades públicas e/ou privadas para colaborar no desenvolvemento de actividades ou accións de interese no ámbito cultural, deportivo e de festexos populares.

A partida global destinada polo goberno local a estas achegas ascende a 9.000 euros e os solicitantes dispoñen dun prazo de 15 días naturais para presentar toda a documentación necesaria no Rexistro Xeral de entrada do Concello. Ao respecto, todas aquelas persoas e entidades interesadas poden consultar a convocatoria das subvencións e obter os diferentes modelos de documentos a presentar na páxina web municipal no menú de Servizos-Subvencións.

En canto ao obxecto das axudas, no eido da promoción de actividades culturais e deportivas enténdense como subvencionables as seguintes actividades: celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, eventos deportivos, encontros, conferencias, estudos, competicións, campionatos e, en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores culturais e deportivos. E no eido dos festexos populares, estas axudas poderán cofinanciar celebracións realizadas por entidades cidadás que teñan carácter tradicional e cultural e que permitan o acceso ao público en xeral, sen pago de entrada.

Só poderán ser obxecto destas axudas aquelas actividades desenvolvidas a partires do 1 de xaneiro de 2018 e en ningún caso serán subvencionables os investimentos reais, os gastos de mantemento ordinario (teléfono, auga, luz, gas, etc.), nin os gastos de bebidas alcohólicas nin tabaco. Tampouco poden beneficiarse desta convocatoria de subvencións aquelas actividades que xa estean suxeitas a algún convenio de colaboración co Concello de Padrón nin as que xa recibiran outro tipo de axuda municipal.

Certificado dixital

En relación coa tramitación destas e outras axudas, desde a Concellería de Cultura avísase a tódalas asociacións culturais e deportivas e ás comisións de festas que a normativa obriga a que a partires do vindeiro 1 de outubro todas deberán dispor do correspondente certificado dixital para poder realizar por medios electrónicos calquera trámite ou procedemento administrativo co Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial