займ срочно

A Feira Medieval de Padrón tamén se suspende

0

Padrón, 16 de xuño do 2020 – Seguen caendo do calendario distintas festas previstas para as próximas semanas, agora tócalle a Feira Medieval de Padrón prevista para o principio do mes de xullo.

Ademais da Feira Medieval a capital do Sar terá que decidir que fai co Santiaguiño. En este caso o equipo de goberno é partidario de de buscar todas as opcións posibles e poder celebralo mantendo as medidas de seguridade sanitaria requeridas.

A celebración da Feira Medieval de Padrón estaba prevista para os día 3, 4 e 5 de xullo, pero agora haberá que esperar ao ano que ven para poder desfrutar da ambientación histórica da vila. Antonio Fernández Angueira explicou que “a decisión ven motivada polas recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e estatais, ao igual que fixeron noutros concellos nos que se celebra tradicionalmente esta feira durante o período estival”.

Por outra banda, o executivo local está buscando as claves para reformular a Romaría de Santiaguiño do Monte e as actividades lúdicas previstas habitualmente en torno  a esta festa, que se celebra tradicionalmente o 25 de xullo. Polo de agora, aínda non se confirmou a celebración, posto que por cautela o Concello quere agardar a coñecer os pormenores de todas as medidas que se poidan ditar neste contexto.  A prioridade do equipo de goberno é, en todos os casos, acadar a máxima seguridade dos cidadáns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies