Unhas obras do concello de Padrón contaminaron un manancial privado

0

Padrón, 31 de xullo do 2020 – Unha moción de urxencia do BNG de Padrón desvelou, no pleno municipal, que unhas obras do concello contaminaron o manancial do que se servía unha vivenda.

A moción non chegou a ser debatida xa que a abstención do goberno municipal do Partido Popular impediu aprobar a urxencia. A concelleira do BNG de Padrón, Beatriz Rey, explicou na xustificación da urxencia os feitos acontecidos ao carón dunha botella chea da auga contaminada.

Unhas obras do concello de Padrón contaminaron un manancial privadoA vivenda situada no lugar do Vilar recibe a contaminación de augas fecais despois dunha actuación do concello na tubería de saneamento municipal fronte a casa.  Os operarios cortaron. dentro da arqueta, a parte superior da tubeira de saneamento o que provoca continuos desbordamentos que afectan a finca e ao pozo tradicional que subministra  auga potable á vivenda.

O BNG xa denunciou esta grave situación hai tres anos na que quedou constatado que a auga do pozo contiña residuos fecais e que non era apta para o consumo. A situación, lonxe de arranxarse, empeorou e na actualidade a auga do pozo nin sequera pode ser utilizada para o servizo doméstico polo forte cheiro que desprende.

Os nacionalistas reclamaban no acordo que o concello proporcionará un subministro de auga potable á vivenda, con carácter urxente e sen cargo  de económico de conexión nin de consumo, en tanto non se solvente o problema da contaminación que ten a súa orixe no saneamento municipal. Tamén piden que se acometan as obras oportunas para garantir o fin dos desbordamentos de augas fecais na zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial