Piden a humanización da Nacional 550 en Padrón

0

Padrón, 29 de xaneiro do 2020 – O BNG de Padrón levara este xoves a pleno unha moción reclamando a humanización da Nacional 550 ao seu paso pola vila.

Para os nacionalistas a Nacional 550 é a principal vía de transito do concello e, en consecuencia, unha fonte de risco de accidentes. O BNG considera que a estrada non ten os medios suficientes para eliminar, ou minorar, eses riscos. A choiva, a falta de iluminación nocturna, a escasez de pasos de peóns ou a, según din, “inservible” sinalización acrecentan ese riscos. 

Piden a humanización da Nacional 550 en PadrónNa moción reclaman que se demande das institucións con competencias na Nacional 550 que se “tomen as medidas oportunas que garantan a seguridade viaria en tódolos pasos de peóns existentes ao longo da N550 no Concello de Padrón e o pintado e sinalización dos considerados precisos e non existentes. A instalación de semáforos peonís temporizados en tódolos pasos, a instalación e/ou mellora da iluminación pública nos pasos de peóns a ambos lados , mellora visual da sinalización e/ou ubicación dos sinais, etc”.

Piden a humanización da Nacional 550 en PadrónPensando nos maiores

O BNG presentará outra moción que propón mellorar os servizos as persoas que viven soas e que están en risco de aillamento. Os nacionalistas consideran que a despoboación do rural provoca estas situacións que fan preciso medidas sociais específicas.

O BNG presentará unha serie de medidas como o uso do Padrón Municipal para identificar os fogares unifamiliares e cunha franxa de idade que pode considerarse de risco por parte dos servizos sociais do concello. Que a partir de esa busca se manteña un plan de contactos telefónicos con todos/todas as usuarias de este servizo seguindo un protocolo onde se anotarán as incidencias e actuacións precisas en cada momento.

Os nacionalistas piden tamén que non se teña en conta a renda pero que se priorice aos máis desfavorecidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial