займ срочно

Reclaman que se celebre unha xunta de portavoces en Padrón

0

Padrón, 8 de abril do 2020 – O BNG de Padrón ven de pedir que se celebre unha xunta de portavoces telemática para loitar de xeito conxunto contra o Coronavirus.

Os nacionalistas veñen de publicar un comunicado que comeza agradecendo o esforzo dos traballadores e responsables municipais por manter os servizos. Para poder contribuír a ese traballo piden que se realice unha xunta de portavoces que sería telemática e non remunerada.

O BNG ven presentando propostas ante o concello ” confiando que se leven a termo en canto contribúen a unha mellora ou alivio da situación de moitos/as veciños”. O apoio aos produtores e ao comercio local é unha das preocupacións principais xa que na maior parte trátase de autónomos.

O grupo considera que a xunta de portavoces é o mellor xeito de consensuar medidas, que se aprobarían en futuros plenos, como de ter toda a información sobre a situación no concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies