займ срочно

ERE de extinción para Caxizo, unha das empresas do grupo Cortizo

0

Padrón, 30 de abril do 2020 – Cortizo ven de anunciar o despedimento dos traballadores de Caxizo SL e o peche do Centro Especial de Emprego situado no polígono de Pazos.

Caxizo estaba no punto de mira, desde o ano pasado, da inspección de traballo. Tiña a consideración de Centro Especial de Emprego por empregar a persoal con diversidade funcional. O informe desvelou que se trataba dunha empresa con ánimo de lucro polo que tivo que pagar á Tesourería da Seguridade Social, por diferenzas de cotización das persoas empregadas, un importe total de débeda duns 355.420´81  euros e aboar ao seu persoal as diferenzas salariais que lle correspondían.

Caxizo, no canto de pagar ao persoal, presentou un ERE de extinción de contratos. Un dos asesores do sindicato CIG, Antonio Cebey, explica que dado que traballaban en exclusiva para STAC, outra das empresas do grupo Cortizo que ten grandes beneficios, poderían estar incurrindo en fraude a Seguridade Social.

Cebey denuncia que “Cortizo, en vez de intentar reflotar esta empresa, opta pola fraude de non pagar á Seguridade Social nin pagar a diferenza de salarios. Salarios que teñen que solicitar o FOGASA e que pagamos todos os traballadores/as, mentres Cortizo segue incrementando as súas ganancias”. Asegura que nas reunións do ERE de despedimentos, CAXIZO en ningún momento optou por buscar unha solución para poder manter en pé a empresa. Porén, por parte da representación dos traballadores, propúxoselle á Xerencia manter reunións tanto coa Seguridade Social, como coa dirección de STAC- Cortizo para buscar unha saída  económica e evitar así o peche de esa empresa. “Entendemos  que Cortizo- CAXIZO non estaban polo labor nesas reunións, xa que a súa intención era a de non pagar a cantidade imposta por fraude a Seguridade Social”.

Cebey lembra ademais que esta empresa obtivo subvencións públicas pola súa consideración como Centro Especial de Emprego. Por iso considera que “unha vez mais, estamos diante dunha estafa  por parte dos grandes empresarios, roubándolle os traballadores e traballadoras diferenzas salariais, co agravante nesta ocasión de tratarse de traballadores e traballadoras con minusvalías recoñecidas e con fraude  a Seguridade Social por cotizacións. No momento que os collen roubando optan por, en vez de pagar as débedas, pechar as empresas, mentres eles saen a finais de ano dando noticias de “bos empresarios” e aireando as súas millonarias ganancias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies