займ срочно

Orzamento provincial para a escola do Couto en Padrón

0

Padrón, 9 de xaneiro do 2019 – A Deputación da Coruña financia as obras de rehabilitación da escola unitaria do Couto en Padrón.

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde da vila, Antonio Fernández, asinaron o convenio de colaboración polo que se investirán 70.000 euros na unitaria do Couto, 55.500 deles a cargo da Deputación.

deputación arranxos escola do couto en Padrón

O presidente da Deputación, Valentín Gonzalez, a esquerda e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, a dereita

Os arranxos solucionaran o grave problema de desplome das fachadas laterais e as continuas filtracións de auga no interior do inmoble, demolendo as follas exteriores das mesmas para colocar unhas novas e aproveitando para colocar illamento interior na cámara de aire.

Tamén se demolerá a cuberta actual de fibrocemento para substituíla por unha nova de aceiro con acabado de simil tella, así coma os canalóns e baixantes do edificio.

Dotarase ao inmoble de nova carpintería exterior de aluminio con vidros dobres laminados e rotura de ponte térmica, pechadura de seguridade e persiana de PVC e disporase un sistema de illamento térmico exterior en todas as fachadas, así como o pintado completo da escola, na que estudan 16 nenos e nenas do municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies