As taxas das terrazas única medida de reactivación aprobada no pleno de Padrón

0

Padrón, 1 de xuño do 2020 – O concello de Padrón aprobou a exención de pago das taxas das terrazas durante este ano como medida de reactivación económica pola crise do Covid19.

Respecto ao vindeiro ano, 2021, os establecementos que opten a estar exentos de novo das taxas das terrazas deberán presentar unha solicitude, acreditar que non teñen débedas pendentes co Concello e devengar a taxa ao principio da ocupación como depósito previo.

A oposición foi moi crítica pola falta de medidas. O Psoe explicou que hai outros sectores que tamén precisan de axuda. O BNG decidiu comezar unha campaña de rúa para dar as súas propostas vendo que ningunha sería tida en conta. O alcalde de Padrón, Antonio Fernñandez Angueira, explicou, pola súa banda, que o seu equipo “está afanado na busca de solucións e medidas para reactivar a economía da vila. Estamos a disposición da poboación de Padrón para todo o que precisen para superar a situación económica e social derivada desta pandemia global”.

Precisamente hoxe luns o sector hostaleiro e o comercio están convocados a unha reunión no Auditorio Municipal para coñecer as medidas que o equipo de goberno propón.

As taxas das terrazas única medida de reactivación aprobada no pleno de Padrón

A concelleira do BNG nun reparto de propostas no mercado padronés

Gastos Sociais derivados da crise da Covid-19

O pleno da corporación de Padrón tamén deu luz verde ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal -POS+ Adicional 1/2020- para facer fronte aos gastos sociais extraordinarios derivados da crise da Covid-19. Padrón recibirá preto de 58.000 euros para reforzar os gastos dirixidos á atención de proximidade de persoas maiores, de persoas con discapacidade e de persoas dependentes, así como para adquirir medios de prevención e cubrir as necesidades básicas das familias máis vulnerables do concello. Do mesmo xeito, tamén se aprobou a solicitude dunha achega provincial de preto de 123.000 euros para unha obra de saneamento, e máis de 6.000 euros para gastos correntes.

Arranxos no Centro de Saúde

O pleno aprobou por unanimidade unha moción socialista na que se pedían distintos arranxos no Centro de Saúde. Cambio ou mellora do chan de varias consultas, arranxos de filtracións de augas e reparación de cristais rotos son algunhas das obras que o concello fará.

Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía

Neste pleno tamén se deu luz verde a adhesión do Concello á iniciativa europea do Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía que persegue a sustentabilidade enerxética e a adaptación ao cambio climático da vila de Padrón. Isto conleva o compromiso do rexedor para reducir as emisións de CO2 en como mínimo un 40%, a firme decisión de traballar na promoción de medidas para a adaptación ao cambio climático mediante a creación de plans de acción, a proposta de elaboración dun inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos derivados do cambio climático. En definitiva, o compromiso concretase no desenvolvemento dun plan con accións e medidas concretas, e coa promoción para a sensibilización social cos problemas medioambientais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial