займ срочно

Preguntan ao goberno de Padrón pola presencia de Laureano Oubiña no mercado municipal

0

Padrón, 14 de agosto do 2018 – A presenza do ex narcotraficante Laureano Oubiña na praza municipal de Padrón é motivo dun escrito presentado polo BNG no rexistro do concello.

Despois de que Oubiña fora desaloxado da última Feira do Viño de Cambados, onde vendía libros e camisetas nunha caseta cun permiso solicitado por unha terceira persoa, o antigo narcotraficante pasouse polo mercado municipal de Padrón do pasado domingo. O BNG ven de pedir explicacións xa que considera que é “unha auténtica vergoña que unha personaxe coma Oubiña se promocione tranquilamente no mercado. Logo da expulsión de Cambados, que veña a Padrón a exhibirse e promocionarse de maneira  impúdica é unha vergoña para Padrón e un desprestixio para o seu mercado”.

No escrito rexistrado o Bloque pregunta pola autorización do posto, si estaba autorizada a actividades polo goberno municipal, que medidas realizou o goberno municipal para controlar os postos instalados e as actividades que neles se desenvolven e finalmento si o goberno municipal considera a imaxe de Oubiña vendendo libros unha boa promoción para o mercado municipal de Padrón.

O BNG agarda a resposta do goberno municipal para decidir as medias a tomar pola presencia promoción da figura de Oubiña no mercado muncipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies