Licitadas as obras de conservación do Convento de Herbón

0

Padrón, 24 de xuño do 2020 – A Xunta de Galicia ven de licitar as obras de conservación do Convento de Herbón que recibira un investimento de 420.000 euros.

Os traballos en Herbón permitirán resolver os problemas presentes na zona do claustro, a máis antiga do convento e a que se atopa en peor estado, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas cara ao seu uso cultural.

O prazo de execución é de seis meses nos que se actuará principalmente na zona no claustro. A falta de mantemento nos últimos anos provocou a entrada de auga e o deterioro das estruturas e dos acabados. Neste marco restauraranse as cubertas e o forxado de piso no primeiro andar, conservando as madeiras que se atopen en bo estado e mantendo a tipoloxía naqueles casos nos que sexa preciso substituílas.

Licitadas as obras de conservación do Convento de Herbón

citar/mention:
CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA/GIVEN UP BY TURISMO DE GALICIA

O proxecto de conservación deste inmoble declarado BIC no ano 2013 tamén contempla a limpeza e rexuntado da cantería dos muros do claustro e do primeiro andar, así como a restauración das carpinterías exteriores e a eliminación dos elementos discordantes. Por último, aplicarase un tratamento a madeira fronte aos xilófagos e repasaranse todas as xuntas do pavimento do claustro. 

Fundado no ano 1396

Con estas actuacións, a Xunta de Galicia pretende impulsar e poñer en valor unha infraestrutura clave, tanto no Camiño Portugués como na comarca de Santiago de Compostela, que conta cun gran valor patrimonial e histórico, xa que a maior parte do conxunto data da primeira metade do século XVIII. Cómpre destacar que o convento de Santo Antón de Herbón foi fundado no ano 1396 e que desde entón pasou por varios usos e etapas que van desde o colexio de misioneiros, seminario, convento e colexio.

Licitadas as obras de conservación do Convento de Herbón

citar/mention:
CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA/GIVEN UP BY TURISMO DE GALICIA

O complexo, no que reside unha pequena comunidade franciscana, presenta un estado de conservación diverso. Neste sentido, mentres que a igrexa e a residencia dos frades atópase en bo estado, o claustro, zona na que se centran as actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia, presenta un estado deficiente. Ademais do claustro, no convento tamén destaca a fonte de San Bieito, que verte auga polo peito, así como o altar con obras de Benito Collazo, Gambino, José Ferreiro ou Puente.

Para poder desenvolver estes traballos, o Goberno galego, a través da Consellería de Cultura e Turismo, asinou a principios deste ano un convenio de colaboración coa Orden Frailes Menores provincia de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial