займ срочно

Padrón saca a licitación a pulpería irregular do Campo da barca

0

Padrón, 20 de febreiro do 2018 – A formación Veciños de Padrón levou a pleno, o pasado verán, a situación dunha pulpería no Campo da Barca que ano tras ano instalábase sen licenza. Agora, despois de varios anos, a súa instalación sae a concurso.

Veciños de Padrón denunciaran en repetidas ocasións nas redes sociais, e no pleno en último extremo, a situación de esta pulpería irregular que era consentida polo equipo de goberno. Tratábase dunha carpa instalada, en cada edición da feira cabalar, nun lugar privilexiado e que desde o 2012 nunca saíra a concurso.

Veciños explica que “durante todo este tempo, a organización das festas correu a cargo do goberno do Partido Popular e tamén, nos anos 2013 e 2014, dos dous concelleiros do Partido Galeguista Demócrata que fai un ano volveron a aliarse co PP e a adquirir responsabilidades en varias áreas de goberno, entre elas, a de festexos”.

No pleno realizado en verán no que Veciños preguntou pola cuestión a resposta do goberno foi que a parcela non se licitara no 2017 “debido a un erro”. A portavoz da formación, Teresa Rey, preguntou entón polo resto dos anos nos que a situación irregular se repetira pero non obtivo máis resposta ca un “non o sei” malia ter presentado a pregunta por escrito e con 24 horas de antelación, tempo estimado no que o goberno ten a obriga legal de preparar as cuestións e de respondelas.

Veciños de Padrón engade que “o único que souberon dicir dende o bipartito Partido Popular-Partido Galeguista ante as cuestións de Veciños de Padrón, foi que o Concello non percibiu ningún tipo de compensación polo cesión da parcela e a utilización deste espazo público, unha situación de extrema gravidade. Máis semella que agora, só uns meses despois de mentir abertamente en pleno por esta cuestión, o goberno do PPGD considerou que si é preciso licitar este espazo”.

A formación padronesa di tamén que seguirán investigando pola “falta de repostas e de claridade por parte do rexedor municipal e do seu equipo e o seu sospeitoso xeito de proceder con respecto a esta parcela; Veciños de Padrón non pode máis que preguntarse cales foron os beneficios que obtiveron os membros do goberno para estar dispostos a rachar coa legalidade vixente e  a permitir, con coñecemento de causa e durante 6 anos, agravios comparativos entre todos aqueles que pagan unha contía pola explotación dunha parcela nas Festas de Pascua e os que non”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies