займ срочно

Padrón pon en marcha un plan de limpeza das rúas do centro urbano

0

Padrón, 10 de agosto do 2018 – O Concello de Padrón comezou hai uns días a desenvolver por primeira vez un plan de adecentamento e limpeza das rúas do centro urbano.

Padrón investiu 1.500 euros na adquisición dunha máquina hidrolimpadora para a realización de estes traballos. O concello de servizos básicos, Javier Guillán, explica que “estas tarefas de lavado, que se levan a cabo con auga a baixa presión para non erosionar a pedra, é a primeira vez que se realizan nas rúas empedradas e están a ter moi boa acollida por parte da cidadanía”. As tarefas comezaron polas rúas Rosalía de Castro, Juan Rodríguez e Ruiz Pons e polas prazas Rodríguez Cobián e Ramón Toxo e, segundo adiantou Javier Guillán, levaranse a cabo en tódalas rúas do núcleo urbano.

Tras subliñar que “polo momento só se realizou un 15% do traballo previsto”, o edil de Servizos Básicos precisou que tódalas rúas empedradas limparanse integramente, mentres que nas vías asfaltadas lavaranse unicamente as beirarrúas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies