Padrón acomete melloras no cemiterio da igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia

0

Padrón, 8 de febreiro do 2021 – Padrón vén de arranxar a contorna dos sarcófagos antropomórficos do cemiterio de Adina ao lado da Igrexa de Santa María A Maior de Iría Flavia.

A actuación da concellería de Turismo de Padrón corresponde ao Plan de Reactivación do Turismo para os anos 2020 e 2021, que contempla un apartado para embelecer distintos puntos estratéxicos da vila.

A maior parte dos sarcófagos desta zona datan do século VI e constitúen un dos principais reclamos turísticos do municipio pola importancia da Igrexa de Iria Flavia e por ser un punto do Camiño  de Santiago.

A concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, explica que “Os vindeiros dous anos do Xacobeo son moi importante para Galicia e tamén para Padrón, polo que temos que ter todo preparado para mostrar a beleza do noso municipio. Esta actuación é unha posta en valor do noso patrimonio”.

A contorna da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia foi declarada ben de interese cultural e no 2019, último ano do que temos datos, máis de 85.000 persoas visitaron á vila de Padrón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial