Mes de Rosalía de Castro en Padrón

0

Padrón, 5 de febreiro do 2020 – Poesía, teatro, e diversas actividades, como o Caldo de Rosalía, marcan o mes de Rosalía de Castro no concello de Padrón.

O pistoletazo de saída das actividades para conmemorar a figura de Rosalía de Castro darano “Os Quinquilláns” coa representación de ‘A pluma viva de Rosalía’, unha obra dirixida aos nenos e nenas de 3º e 4º da ESO dos IES de Padrón. Posteriormente, os días 11, 12, 13, 19 e 20 haberá visitas teatralizadas á Casa Museo Rosalía de Castro dirixidas aos centros educativos da vila.

O martes 18 de febreiro para a rapazada de 2º e 3º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia haberá un espectáculo de títeres baixo o título ‘Gale, historia da lingua’, e o 19 de febreiro será o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria dos mesmos centros, os que asistirán como público á representación do grupo Títeres a Xanela do Maxín, ‘A toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza’.

Rosalía de Castro

SuperRosalía nun mercado dedicado á escritoria en Compostela

Paralelamente a toda esta programación,  durante os días 22, 23 e 24 de febreiro os establecementos de hostalería que teñan un cartel identificativo ofrecerán o caldo de Rosalía para a súa degustación.

E, como broche final, o venres 28 de febreiro o Auditorio Municipal acollerá a presentación do poemario ‘O corazón pronúnciase extenso’ de Oriana Méndez Fuentes, gañadora do V Certame Poético Rosalía de Castro. E na mesma sesión, terá lugar a representación de ‘A pluma viva de Rosalía’ do grupo “Os Quinquilláns”.

VI Certame Poético Rosalía de Castro

Pola súa parte, o VI Certame Poético xa está convocado, e o prazo para enviar o teu poema e candidatura para o concurso remata o 16 de marzo. Pódense presentar todas as obras inéditas en lingua galega, que non houbesen sido premiadas noutras competicións.  O premio é de 1.500 euros e un diploma acreditativo, e a obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial