Miguel de Lira faise co premio de interpretación Maruxa Villanueva

0

Padrón, 4 de febreiro do 2020 – O Concello de Padrón outorga, coa unanimidade do xurado, o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira.

O xurado otorgou o premio a Miguel de Lira tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramático. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade.

Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu papel como defensor da cultura galega, e promotor dun teatro innovador da man do grupo teatral Chévere. 

Miguel de Lira faise co premio de interpretación Maruxa VillanuevaO xurado estaba presidido por Lorena Couso, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Padrón, e integrado por expertos en teatro galego como Inma López Silva, escritora e profesora da escola superior de arte dramática de Galicia, Carlos Caetano Biscainho Fernándes, actor e profesor da Universidade da Coruña, Alfonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor  da escola superior de arte dramático de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas galegas do teatro, Roberto Pascual Rodríguez, profesor da escola superior de arte dramática e director da MIT de Ribadavia, e Comba Campoi García, actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos.

A entrega do premio está prevista para finais de outubro, coincidindo coa apertura do Outono Cultural.

Miguel de Lira faise co premio de interpretación Maruxa Villanueva

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial