Mulleres en Padrón denuncia que o concello premiou o machismo no Entroido

0

Padrón, 4 de marzo do 2020 – A Asociación Feminista Mulleres en Padrón denuncia que o concello concedeu o segundo premio do Entroido a unha comparsa “soez e machista”.

Mulleres en Padrón explica que, no desfile celebrado o Sábado de Piñata, a comparsa denominada “residencia Padrón” mostrou unha absoluta falta de sensibilidade cara a xente que traballa, e a que usa, as residencias da terceira idade.

A comparsa mostraba “disfraces típicos de enfermeiras sexy / cachondas que ao longo do percorrido simulaban masturbar aos anciáns, algúns dos que levaban penes de plástico e daban golpes no cu as enfermeiras”.

Desde Mulleres en Padrón condenan a actitude do xurado “presidido por unha muller e por persoas designadas por ela” ao conceder á comparsa un premio de 300 euros. A Asociación considera que “un goberno que busque traballar en pro da igualdade e da educación debería rexeitar estas actitudes e non premialas”. Engaden que “en prol da igualdade non se traballa só o 8 de marzo ou o 25 de novembro, trabállase todo o ano”.

No escrito presentado no concello Mulleres en Padrón pide a retirada do premio á comparsa e que se tomen as medidas necesarias para que casos como este non volvan a suceder.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial