Piden a apertura do mercado de Padrón

0

Padrón, 4 de maio do 2020 – O BNG de Padrón ven de presentar unha serie de medidas para pode abrir o mercado dominical da vila unha vez coñecidas as fases da desescalada.

Os nacionalistas aseguran que a apertura do mercado é “un acto urxente para a economía local, e un paso crucial que non debe supor un paso atrás nesta loita contra o virus”.

Medidas

Como primeira medida os nacionalistas solicitan a desinfección do mercado tanto antes como despois de producirse o mesmo, incluído a Praza de Abastos.

Asegurar a distancia de seguridade entre postos e, sempre que sexa posible, separar os camiños de paso para evitar ao máximo o contacto.

Facilitar tanto luvas como xel desinfectante para os usuarios, facilitándoos se fose o caso, o propio Concello. Estas tamén se colocarán en cada unha das portas na Praza de Abastos.

O Concello colocará ao longo do mercado, contedores suficientes para a correcta recollida do lixo, tanto mentres o mercado está activo, como unha vez que este remate.

Dar prioridade aos produtores locais a hora de conceder o posto. Condonar o aluguer do posto durante o ano 2020. Publicitar ao máximo os lugares destinados a aparcadoiro. Estes serán sempre de balde mentres dure esta situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial