Padrón presenta o Plan de reactivación

0

Padrón, 27 de maio do 2020 – O Concello de Padrón elaborou un Plan de reactivación do turismo e do comercio co obxectivo, explican desde o concello, de reforzar a confianza do público e crear un destino seguro e libre de coronavirus.

O Plan de reactivación está impulsado desde o departamento de turismo. As principais liñas de traballo se centran na procura da unión dos axentes económicos implicados, medidas de desenvolvemento dos procedementos hixiénico-sanitarios, potenciar o tecido empresarial, mellorar a confianza do consumidor e crear novos produtos turísticos.

Primeira reunión

O equipo de Turismo municipal elaborou este proxecto para 2020 e 2021 tendo en conta o Plan de Acción Padrón para 2017-2022, os informes publicados pola Axencia de Turismo de Galicia, o Clúster de Turismo de Galicia e a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, as recomendación das Nacións Unidas e a opinión e necesidades dos axentes locais implicados na reactivación de Padrón, cos que a concelleira de Turismo se reunirá o día 1 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. Lorena Couso sinalou que “é tarefa de todos impulsar os motores económicos da nosa vila, e xuntos conseguiremos superar as consecuencias desta pandemia”.

Liñas de acción

Un total de nove liñas de acción vertebran este Plan de reactivación. A través desde proxecto intentarase coordinar as medidas públicas e privadas, dinamizar o comercio, impulsar o traballo en rede con outros destinos, crear novas produtos -como por exemplo Padrón Gastronómico-, poteciar o Camiño de Santiago a Padrón a través da ‘Pedronía’, impulsar o turismo activo e o turismo de autocaravanas, desenvolver campañas de promoción, de sensibilización e de comunicación e marketing online.

A campaña para dinamizar o tecido empresarial xa está en marcha coa entrega de 115 biombos protectores de cristal templado, coa proposta plenaria para a exención de pago de terrazas para establecementos hostaleiros, creación da campaña #PadrónVolve a través das redes sociais, a campaña ‘Cultura na Rúa’ e a axuda á instalación de medidas hixiénico-sanitarias nos establecementos comerciais.

Asimesmo, nos vindeiros meses desenvolveranse acción de promoción encamiñadas a fomentar o fluxo de visitantes, accións de sensibilización e formación sobre o potencial dos recursos da vila, e activaranse distintas campañas de marketing e comunicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial