Pleno de urxencias e protestas veciñais en Padrón

0

Padrón, 31 de xaneiro do 2020 – O pleno ordinario de Padrón resolveu en menos dunha hora e media as mocións de urxencia, preguntas, e rogos que configuraban a orde do día.

A maioría do goberno municipal de Padrón, do Partido Popular, evitou a debate da maioría das mocións presentadas pola oposición, Psoe, BNG e CxG, e a única da que admitiu a urxencia aprobouse sen debate.

Mocións de urxencia

Todas as mocións presentadas no pleno de onte xoves eran de urxencia. O motivo foi a convocatoria da comisión informativa do luns 27 o martes da semana pasada, 21 de xaneiro, cando o habitual é convocala o venres anterior á comisión.

Pleno de urxencias e protestas veciñais en PadrónEsa convocatoria prematura fai que, unha vez realizada, tódalas mocións que se presenten sexan de urxencia o que limitou as posibilidades dos grupos da oposición de presentar mocións ordinarias. O portavoz do Psoe, Camilo Forján, debatía sobre esta cuestión co alcalde, Antonio Fernández

A abstención da maioría popular nos debates das urxencias das mocións impediron que chegaran a debate excepto a relativa a estrada da Pedreda,

Protesta veciñal

O Psoe presentaba unha moción pedindo a mellora dun camiño no lugar de Pedreda, nas próximidades de Iria Flavia. No momento do debate da urxencia os veciños sentados no público levantaron carteis alusivos ao mal estado das vías de comunicación. En este caso o Partido Popular decidiu aprobar a urxencia e, sen debate e sen ceder a palabra ao resto dos grupos, procedeuse tamén a votación da moción que foi aprobada en menos dun minuto.

Preguntas e rogos

As preguntas e rogos da oposición seguiron un camiño parecido ao das mocións. Salvo algunha excepción moi puntual o equipo de goberno resolvía as preguntas con monosílabos ou quedaban sobre a mesa para ser respondidas en outro pleno.

O BNG preguntou por un proxecto polo que os veciños comezan a mobilizarse pola preocupación que provoca. Red Eléctrica Española pretende construír unha liña de alta tensión que atravesaría o concello de norte a sur con conseguinte impacto ambiental. Sería un corredor de 50 metros de ancho que tería que manterse libre de vexetación.

O propio proxecto recoñece que afectará ao Sistema fluvial Ulla Deza que ostentan a categoría de zonas de especial protección dos valores naturais. Recoñece que lle afectará á carballeira de Cruces Pedroso. Afectará ao Castro Lupario no veciño concello de Rois e vai sobrevoar o miradoiro do Monte Meda entre outras cuestións.

No propio concello de Padrón afecta tamén ao asentamento fortificado de Castro Valente, que figura no catálogo de xacementos arqueolóxicos do PXOU de Padrón.

O alcalde limitouse a contestar que non tiveran oportunidade de analizalo e que o que farían sería poñerse de lado da legalidade.

Un dos momentos curiosos do pleno foi cando o portavoz socialista preguntou que pesaban facer coa solicitude de Reconte, empresa que xestiona o lixo, de traspasar o contrato a Urbaser. o alcalde recoñeceu que non tomaran unha decisión sobre o asunto e antes a insistencia na pregunta dirixiuse a Secretaria dicindo “¿que vamos hacer?” o que provocou as risas dos presentes.

Lixo no mercado

Ao remate do pleno, antes de que se levantara a sesión, a portavoz nacionalista Beatriz Rey quixo entregar ao alcalde unha colección de recortes de prensa sobre o lixo no mercado dominical. O rexedor apresurouse a levantar a sesión sen querer entrar nun posible debate sobre este problema que se repite nos últimos anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial