O pleno de Padrón aproba o control da contaminación do polígono da Picusa

0

Padrón, 27 de xaneiro do 2018 –  O BNG de Padrón ven de conseguir que o pleno municipal aprobe unha moción encamiñada ao control da contaminación no polígono da Picusa.

Os nacionalistas explicaron na súa quenda que os veciños da zona, principalmente de A Retén, Luáns, A Matanza e Vista Alegre veñen manifestando a súa preocupación pola contaminación ambiental do medio no que residen. Posibles verquidos, emisións de gases e malos olores centran as queixas. Estas reclamacións fan preciso un control ambiental cuxos resultados sexan feitos públicos e determinen que accións tomar en caso de ser necesario.

Polígono da Picusa

A moción aprobada acorda que o concello contrate un servizo de control ambiental da calidade das augas e da emisión de gases e malos olores. Que o primeiro de eses controis fágase antes de seis meses e que os resultados sexan publicados e comunicados aos veciños.

Ademais da moción relativa ao polígono da Picusa o BNG intentou, por segunda vez, que o pleno tratara  a moción para o rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira en Touro, pero o Goberno Municipal de PP+PGD rexeitou a proposta. O BNG advertiu do perigo que conleva esta explotación mineira para Padrón e todo o Barbanza polo altísimo risco de contaminación do río Ulla, fonte de abastecemento de auga para uso doméstico de toda a comarca.

 Outras das demandas do BNG foi a reposición de todos os puntos de recollida de lixo que foron suprimidos e que figuran no plano de prego de condicións que deben cumprir as empresas. Para o BNG a supresión de puntos de recollida de lixo supón un grave transtorno para os veciños afectados e unha grave irregularidade no funcionamento do servizo de recollida de RSU, xa que a empresa debe respectar a recollida en todos os puntos que figuran nos planos de prego de condicións do servizo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial