Reclaman que Padrón active o Consello Escolar Municipal

0

Padrón, 14 de setembro do 2020 – O Bloque Nacionalista de Padrón ven de reclamar que o concello poña en marcha o Consello Escolar Municipal.

Os nacionalistas explican que o Consello Escolar Municipal é o órgano competente para traballar na elaboración e cumprimento de protocolos para o transporte escolar, funcionamento de comedores e servizo de limpeza dos centros, tal como establece a Lei de Consellos Escolares de Galiza (art. 18. b. Le 3/1986, de 18 de Decembro).

A concelleira, Bea Rei engade que a actual situación na que se atopan os centros escolares, a causa do Covid-19, fai imprescindible planificar medidas que reforcen as garantías de seguridade e igualdade de oportunidades na veciñanza “máis aínda se temos en conta que a Xunta de Galicia delegou sobre os centros educativos as responsabilidades sobre as garantías hixiénico- sanitarias fronte ao Covid-19”.

O BNG padronés considera que o Consello Escolar Municipal debe priorizar que todos os rapaces dispoñan dos medios de seguridade que esixe a situación: máscaras, luvas, produtos desinfectantes ou calquera outra necesidade. Garantir o servizo de comedor apoiando aos centros a través do servizo de voluntariado municipal ou doutras fórmulas e reforzar as medidas de conciliación.

O Bloque pide ademais que se restableza o fondo de axuda para a adquisición de material escolar para as familias que o precisen. Beatriz Rey lembra que “este fondo foi suprimido do orzamento municipal polo actual goberno do P.P., e hoxe máis que nunca precisa ser restablecido, incrementando cuantiosamente esta partida para adaptala ás necesidades reais da poboación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial